martes, 18 de diciembre de 2018

PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ORDE do 4 de decembro de 2018. DOGA 14/12/2018. 
Obxecto: realizar a convocatoria e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a tra­vés da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código do procedemen­to ED517B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decre­to 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Familias profesionais que se convocan:
  • Administración e xestión: (cualificación profesional: Actividades administrativas na relación coa clientela; Actividades de xestión administrativa; xestión contable e de auditoría; Administración de recursos humanos; xestión financieira; asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas)
  • Agraria: (cualificación profesional:  Instalación de xardíns e zonas verdes; Aproveitamentos forestais; Actividades de floraría; producción de plantas e sementes en viveiro)
  • Comercio e marketing: (cualificación profesional: actividades de venda; Organización e xestión de almacéns; Actividades de xestión de pequeño comercio; Xestión comercial inmobiliaria)
  • Edificación e obra civil: (cualificación profesional: Fábricas de albanelaría; Armaduras pasivas para formigon; Cubricións inclinadas; Encofrados; impermeabilización mediante membranas formadas con láminas; pavimentos e albanelaría de urbanización; revestimentos con pastas e morteiros en construción;  revestimentos con pastas ríxidas por adherencia en construcción; colocación de pedra natural; instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos; Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos; pintura decorativa en construcción; Revestimentos con pastas e morteiros en construcción; revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construcción; representación de proxectos de edificación; control de proxectos de edificación; control de proxectos e obras de construcción).
  • Electricidade e electrónica: (cualificación profesional: Montaxe e mentemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios; montaxe e mantemento de instalación eléctricas e de baixa tensión; Montaxe  e mantemento de instalacións solares e fotovoltaicas; Montaxe e mantemento de infaestruturas de telecomunicacións en edificios;  montaxe  e mantemento de instalación de megafonía, sonorización de locais e circuito pechado de televisión; montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos; eficiencia enerxética de edificios).
  • Fabricación mecánica: (cualificación profesional: mecanizado por arranque de labra; soldadura; caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas; fabricación e montaxe de instalación de tubaxe industrial).
  • Hostalaría e turismo: (cualificacións profesionais: cociña; repostaría; pastelaría e confeitaría; servizos de bar e cafetaría; servizos de restaurante; recepción; xestión de pisos e limpeza en aloxamentos; venda de servizos e produtos turísticos; creación e xestión de viaxes combinadas e eventos; promoción turística local e información a visitantes; guía de turistas e visitante).
  • Imaxe e son: (cualificacións profesionais: Asistencia á produción en televisión; asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais; asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos).
  • Imaxe persoal: (cualificación profesional: servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe; coidados estéticos de mans e pés;  Peiteado;  Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe).
  • Industrias alimentarias: (cualificacións profesionais: repostaría; panadaría e volaría; pastelaría e confeitaría).
  • Informática e comunicación; (cualificación profesional: sistemas microinformáticos; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; operación de redes departamentais; operación de sistemas informáticos).
  • Instalación e mantemento: (cualificación profesional: montaxe e mantemento de instalacións frigiríficas; montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción; montaxe e mantemento de instalación solares térmicas; montaxe posta en servizo,e mantemento e inspección de instalación receptoras de aparellos de gas; montaxe e mantemento de instalacións caloríficas).
  • Madeira, moble e cortiza: (cualificación profesional: mecanizado de madeira e derivados; acabamento de carpintaría e moble; montaxe de mobles e elementos de carpintaría; mecaniado de madeira e derivados; instalación de mobles; montaxe de mobles e elementos de carpintaría; instalación de elementos de carpintaría).
  • Química: (cualifiación profesional: opracións en instalación de enerxía e de servizos auxiliares; opracións de movementos e entrega de produtos na  industria química; ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos; ensaios físicos e físico-químicos; análise química).
  • Sanidade: (cualificación profesional: transporte sanitario;atención sanitaria a múltiples vítimas e catátrofes; farmacia).
  • Servizos socioculturais  e á comunidade: (cualificación profesional: educación infantil; educación e habilidades de autonomía persoal e social; dinamización comunitaria; inserción laboral de persoas con discapacidade; mediación comunitaria; atención ao alumnado con necesidades educativas especiais en centros educativos;promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade).
  • Textil, confección e pel: (cualificación profesional: reparación de calzado e marroquinaria).
  • Transporte e mantemento de vehículos: (cualifiación profesional: pintura de vehículos; mantemento de estruturas de carrozarias de vehículos; mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos; mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóviles; mantemento de motor e os seus sistemas auxiliares; mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de instrustrias extractivas e de edificación e obra civil; planificación e control da área de carrozaría; planificación e control da área de electromecánica).

Requisitos: a) Posuír a nacionalidade española, atoparse incluído como residente comunitario ou fa­miliar de este, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobreentrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor. b) Ter feitos, no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de compe­tencia correspondentes a cualificacións de nivel 1, e 20 anos para as unidades de compe­tencia de nivel 2 e 3. c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. c.1) No caso de experiencia laboral, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convoca­toria, para unidades de competencia de niveis 2 e 3 e, para unidades de competencia de nivel 1, xustificarán, cando menos, 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total. c.2) No caso de formación, xustificaranse, polo menos, 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos. d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación pro­fesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesio­nal ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita. Para todo isto, presen­tarán declaración responsable que farán constar na solicitude. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na línea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documen­tos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre ecando presenten a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa expe­riencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. A comisión de coordinación recollida no artigo 5 da presente orde será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procede­mento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva como solicitante na correspondente sede.
Solicitudes: A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu. xunta.es/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon á disposición das persoas solicitantes os medios técnicos e humanos suficientes no sentido do que es­tablece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo co­mún das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos. Os solicitantes que o necesiten serán asistidos en calquera centro educativo con formación profesional. As persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberán xerar e imprimir a solicitude desde a aplicación informática e presentala, xunto coa documentación establecida no artigo 8.2, na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procede­mento segundo o recollido no anexo II desta orde. Para o caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia compul­sada da documentación que se precise.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Outros: Cada participante presentará unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata admitida ao procedemento terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Taxa da fase de asesoramento: 20,40 euros.Taxa da fase de avaliación: 10,20 euros por cada unha das unidades de competencia en que solicite a súa avaliación. Estarán exentas do pagamento de taxas as persoas que no momento de iniciárense as sesións de asesoramento e avaliación, figuren como desempregadas, así como aquelas persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

No hay comentarios: