Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de
Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias
profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de
vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de
467 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de
1.818 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 25 prazas.
• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA 595_2): 242 prazas, das cales:
– 122 prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016).
– 120 novas prazas.

A QUEN VAI DIRIXIDO?: Persoas traballadoras asaliaradas, autónomas ou por conta propia, voluntarias
ou bolseiras.
REQUISITOS:
1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os
seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; estar incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.

2º. No caso de formación non formal: para as
unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos
300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a
convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que
se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse
as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación
profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da
inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á
acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un
título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que
conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou
a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de
recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención
do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou
organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia
que solicita.
2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que
reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto
anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no
artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no
procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en
dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.
Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real
decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral
de Orientación e Promoción Laboral designará os asesores e asesoras necesarios,
que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa
candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición
definitiva.
PRAZO SOLICITUDE: 13/12/2018-04/01/2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario