No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello,
pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de
admitidos e excluídos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística, como persoal laboral do concello do Vicedo, a xornada completa, ao abeiro do programa "Fomento do emprego 2018. Plan único de cooperación cos concellos" da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Recordamoslles que a proba de selección realizarase o próximo día 20 de febreiro de
2019, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade
de Mondoñedo, 23.
No hay comentarios:
Publicar un comentario