O Concello do Vicedo ten a calificación de "Concello Doing Business Galicia-Concello Emprendedor", porque ten en vigor varias medidas que fomentan a implantación e fixación de empresas no seu territorio, como son as bonificacións que a continuación se detallan, todas elas para empresas de nova creación ou aquelas outras que amplíen as instalacións sempre e cando esto implique a creación de emprego:
1º) Bonificación de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles urbanos (IBI urbana)
2º) Bonificación de ata o 95% da cota do imposto sobre actividades económicas.
3º) Bonificación de ata o 95% no imposto sobre construccións, instalacións e obras. Debendo manterse o emprego comprometido polo menos tres anos.
Estas bonificacións deben ser aprobadas en pleno, previa solicitude do suxeito pasivo.
Máis información no propio concello ou pinchando no seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/0_17936_1.pdf#page=73
No hay comentarios:
Publicar un comentario