lunes, 13 de mayo de 2019

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de  xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 14 de maio e remata o 23 de maio de 2019
. A selección realizarase o día 27 de maio de 2019, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: