Esta Orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas
cales se rexerá a convocatoria pública das axudas a persoas traballadoras por
conta propia ou autónomas que unha vez finalizada o seu período de descanso por
nacemento contraten unhapersoa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas bases fixan os criterios e requisitos para a concesión
de axudas a persoastraballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez
finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unhapersoa para
ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
Con esta axudapermitirase que a persoatraballadora por conta
propia obteñaunha compensación para a contratación dunhapersoa durante un
período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e
laboral e facilitar a continuidade do seuproxecto empresarial.
Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha
duración mínima de seis meses e que se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o
30 de setembro de 2019.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables
presentaranse desde o día seguinteao da data depublicacición desta orde no Diario
Oficial de Galicia, desde o 17/05/2019 e ata o 30/09/2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario