Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN do 2 de
agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de
linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de
língua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias
escolas oficiais de idiomas de Galicia. DOGA 20/08/2019.
OBXECTO:
Convocar
cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a consecución
dos certificados de língua galega (Celga), pero NON se obtén o certificado por facer o curso.
Os cursos preparatorios do Celga son
presenciais e impartiránse nas seguintes escolas de idiomas: EOI de Ferrol, EOI
de Santiago de Compostela, EOI de Lugo, EOI de Pontevedra, EOI de Vigo e EOI de
Ourense. (Niveis e datas especificadas no Anexo II da Orde).
REQUISITOS
PARA OS CURSOS DO CELGA: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2019.
PRAZO
de solicitude: do
2 ao 11 de setembro de 2019 para os cursos do primeiro cuadrimestre e do 30 de
decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020 para os cursos do segundo
cuadrimestre.
Podes
solicitar máis información contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento
local deste concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario