No DOG de onte día 29/08/2019 a Consellería de
Economía, Emprego e Industria convoca axudas para a contratación, formación e
emprego con apoio para determinados colectivos.
Esta axuda conta con tres tipos de bonos compatibles:
- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
- Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
- Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.
Poderán ser beneficiarias
desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras
autónomas que contraten persoas desempregadas por conta allea para
prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de
Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Prazo solicitude: do 30 de agosto ao 30 de
setembro de 2019
Máis información: http://oficinadoautonomo.gal/gl/portfolio/3724 , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario