A Secretaría Xeral de Emprego ven de lanzar a convocatoria da
segunda e terceira edición de ES-POP
UP, un programa de impulso de
proxectos de economía social mediante a creación de "pop ups" ou espazos
comerciais efémeros. A través deste programa os proxectos participantes poderán
avaliar, medir ou testar dun xeito máis eficiente, cunha experiencia real de
mercado, os seus produtos ou servizos así como o seu modelo de negocio.
Estas novas edicións desenvolveranse en:
- Santiago
de Compostela os días 17, 18 e 19 de outubro
- Lugo os
días 24, 25 e 26 de
outubro
Os proxectos participantes recibirán formación e titorización
individualizada antes, durante e despois da actividade.
O prazo estará aberto ata o 11
de outubro, e seleccionaranse 8 proxectos participantes en cada
unha das edicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario