Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego
conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado
"Terras do Sor III", subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O número de alumnos/-as participantes é de 20,
correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que a próxima semana estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
Ademáis, contratarase outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario