O Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h.) e outro de tarde (15:30 a 20:30 h.), sendo a data prevista de inicio o 11/12/2019 para os dous cursos e a de fin o 29/04/2020 para o de mañá e 18/05/2020 para o da tarde.
Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galica e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2. Os requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego e ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Para máis información ou en caso de dúbida chamar ao concello do Vicedo ó teléfono 982590029 ou 982590195, e preguntar pola Axente de emprego e desenvolvemento local .
No hay comentarios:
Publicar un comentario