Nesta resolución fíxanse as seguintes datas de realización
das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga)
convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.
No caso daquelas persoas as cales,
atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de
adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de
realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
As sedes e horarios de
realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para
cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As persoas admitidas deberán presentarse
30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que
acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun
bolígrafo. Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga,
que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada
persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase
na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario