Publicouse no día de hoxe 17/10/2019 a
lista de admitidos e excluidos provisional en relación coas
bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente
á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego
do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
Segundo se establece na resolución os
excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 18 e
21 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.
As probas e valoración de méritos terán
lugar o día 29 de outubro de 2019, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural,
Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O
Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario