No DOGA 23/01/2020 publícanse as seguintes convocatorias:
Obxecto:
axudas para a compra e instalación de equipamento térmico (caldeiras, etc…) a
través de entidades colaboradoras.
Beneficiarios:
persoas físicas, comunidades e mancomunidades de veciños do ámbito rural.
(Biomasa tipoloxía B2-B3 zonas non densamente poboadas).
Solicitude:
será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable:
equipamento técnico e accesorios; accesorios da instalación; sistema de
almacenamento de combustible; sistemas de alimentación de combustible; montaxe
e conexión; IVE cando non sexa recuperable. Todo elo sempre que as actuacións
non foran comezadas antes da presentación da solicitude, e sempre que non sexan
de segunda man.
Importe:
de 225 a 350 € por kW de potencia.
Prazo
presentación de solicitudes:
-
Para que as entidades
interesadas se adhiran a esta liña: ata o 13 de febreiro de 2020.
-
Para presentar as
solicitudes dos seus clientes: do 14 de febreiro ao 13 de marzo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do
investimento: ata o 30 de setembro de 2020.
Obxecto:
axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (biomasa (excepto
tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas), geotermia, aerotermia e
solar térmica.
Beneficiarios:
persoas físicas, comunidades e mancomunidades de vecinos.
Solicitude:
será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable:
instalacións
para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa
como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen
como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica. Todo elo sempre que as actuacións non foran
comezadas antes da presentación da solicitude. Os bens subvencionables quedarán
afectos durante un mínimo de tres anos.
Importe:
do 35% ao 50% do investimento segundo a tipoloxía de proxecto con límites
máximos por vivenda dependendo da enerxía utilizada.
Prazo
presentación de solicitudes: sempre pola entidade colaboradora, en función da
tipoloxía de proxecto abranguerá desde o 2 de marzo ata o 1 de xullo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do
investimento: ata o 30 de setembro de 2020.
Obxecto:
axudas para instalacións
para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos
Beneficiarios:
persoas físicas, comunidades e mancomunidades de vecinos.
Solicitude:
será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable:
instalacións
para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos. Todo elo sempre que as actuacións non foran
comezadas antes da presentación da solicitude. Os bens subvencionables quedarán
afectos durante un mínimo de tres anos.
Importe:
o 50 %
do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de
25.000 €. Adicionalmente, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €.
No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual
ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €.
Prazo
presentación de solicitudes: sempre pola entidade colaboradora, do 3 de marzo
ata o 1 de xullo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do
investimento: ata o 30 de setembro de 2020.
Obxecto:
selección de entidades colaboradoras para a xestión das subvencións de
proxectos de enerxías renovables.
Prazo:
ata o 30 de xaneiro de 2020.
No hay comentarios:
Publicar un comentario