miércoles, 4 de marzo de 2020

Aberto prazo de inscrición dalgunhas listas de emprego temporal da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia abreu o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril de 2020.
Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.
O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 18 listas son para traballar como funcionario interino e outras 14 para traballar como contratado laboral. 
Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas de emprego temporal poderán realizar a inscrición a través da web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.
O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.
Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, titulado/a superior médico/a, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educador/a ou xefe/a de cociña.
Ao mesmo tempo, o DOG tamén publicou o venres 28/02/2020 a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde o día 29 de febreiro ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.


No hay comentarios: