jueves, 2 de julio de 2020

BONO TURÍSTICO: QUEDAMOS EN GALICIA



Prazo solicitude:  03/07/2020 – 13/12/2020
Obxecto
O obxecto desta resolución é establecer o procedemento e as condicións que deben reunir os establecementos turísticos e as axencias de viaxes para a participar no programa Bono Turístico.
O Bono Turístico é una tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas beneficiarias que voluntariamente o soliciten e se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, e que terá unha vixencia comprendida entre a data de entrega da tarxeta prepago pola entidade bancaria colaboradora aos beneficiarios do programa e o 13 de decembro de 2020. Poderá ser empregado nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa a través da presente convocatoria.
Duración da prestación
Os servizos, actividades ou produtos turísticos poden prestarse desde o día da entrega pola entidade colaboradora da tarxeta prepago aos beneficiarios e ata o 13 de decembro de 2020, no que este programa quedará extinguido.

A quen vai dirixido?

Empresas turísticas
Obrigas dos solicitantes
Os solicitantes obríganse ao cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos:
• Cumprimento das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola autoridade sanitaria, laboral ou turística para a prevención de contaxios derivados da COVID-19.
• Dispor dunha terminal de punto de venda (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta moedeiro Bono Turístico #QuedamosenGalicia. Para os efectos da validación da TPV, o establecemento adherido deberá facilitar o número/s de comercio de que dispoña á entidade bancaria.
• Dispor dun desconto mínimo do 15 % sobre o prezo ordinario do servicio. Non obstante, o establecemento adherido poderá optar por entregar ao beneficiario do servizo, actividade ou produto turístico un agasallo ou servizo complementario, polo valor equivalente ao dito 15 %.

Requisitos

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

Pincha aquí para consultar a normativa:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200702/AnuncioG0256-170620-0001_gl.html
Print Friendly, PDF & Email

No hay comentarios: