martes, 28 de julio de 2020

Obriga de comunicación de datos de viaxeiros de determinados territorios por COVID




Calquera persoa que chegue á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á súa chegada, fóra do territorio autonómico e que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio ou no lugar de aloxamento e comunicalo ao Servizo Galego de Saúde coa maior brevidade.

No caso de persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, estas de­berán chamar ao teléfono 881 00 20 21, co fin de que se lles dean as indicacións que procedan.


Medidas aplicables ás persoas procedentes de determinados territorios:

As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes medidas de prevención:

-          No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo.
Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo
https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os ditos datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. Así mesmo, tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.


Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa. A obriga prevista nesta letra é aplicable tanto ás persoas residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como ás non residentes no dito territorio e deberá cumprirse independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles co COVID-19.


-           Os datos subministrados serán empregados polas autoridades sanitarias autonómicas exclusivamente para contactar coas ditas persoas para o cumprimento de finalidades de saúde pública, para os efectos de facilitarlles a información e as recomendacións sanitarias que procedan, así como, de ser o caso, en atención ás concretas circunstancias concorrentes, para a adopción das medidas sanitarias que resulten necesarias, sempre de acordo coa lexislación aplicable e buscando, de maneira preferente, a colaboración voluntaria da persoa afectada coas autoridades sanitarias.


Obrigas de información e colaboración na difusión


Os establecementos de aloxamento turístico situados na Comunidade Autónoma de Galicia deben informar as persoas usuarias da obriga prevista na letra a) do número 1 do punto cuarto. En particular, deberán situar na recepción e en lugares visibles dos establecementos cartelaría informativa co contido que determine a Consellería de Sanidade.


A continuación aparece o enlace donde se fixan os territorios que en esta quincena están incluidos na obriga de comunicación:


No hay comentarios: