martes, 13 de octubre de 2020

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a adscrita aos servizos sociais municipais

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, a xornada completa, con adscrición aos servizos sociais municipais do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 2 de novembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 26 de outubro, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: