lunes, 3 de mayo de 2021

BONO IMPULSO.- DEPUTACIÓN DE LUGO (BONO PARA HOSTELARÍA E COMERCIO LOCAL)

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns día 03 de maio de 2021 as bases do programa BONO IMPULSA. Poden anotarse todos os establecementos da provincia, incluídos os locais de hospedaxe, tendo en conta que non se poderá participar para canxear lotaría, bebidas alcohólicas non alimentarias nin tabaco.


Na páxina web da Deputación habilítase un espazo no que, durante os vindeiros 15 días hábiles, os negocios interesados deberán cumprimentar un formulario para adherirse, o prazo estará aberto do 04/05/2021 ata o 25/05/2021.

Unha vez se coñezan os locais participantes, abrirase o prazo para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.

A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles

Requisitos dos establecementos para adherirse:

-       -Ser empresarias autónomoas, microempresas ou pequenas empresas.

-     -Non atoparse incursos nas prohibicións de contratar coas administración.

-      - Non ter débedas con facenda, seguridade social, Xunta de Galicia ou Deputación no momento da xustificación, poden telas no momento da solicitude . No caso de débedas coa Deputación, serán compensadas co importe da axudas.

As empresas poderán facer efectivos os bonos aplicables ao finalizar o período de cosumo presentando:

-       - Anexo III

-      - Bonos utilizados.

-       -Ticket de compra/factura (con conceptos desagregados, non sirve mencións xenéricas tipo: “varios”, “bebidas” ou similares.

-     - Documento emitido pola entidade bancaria no que conste a conta bancaria.

-     - Certificados de non débedas, e en algúns casos chega con declaración.

Obrigas dos establecementos adheridos:

-       -Publicitar no exterior/interior do establecemento a adhesión ao programa.

-      -Comprobar a identidade e residencia co DNI antes de facer efectivo o bono.

-       -Non trocar os bonos aos consumidores por diñeiro en metálico en ningún caso.

-       -Colaborar coa Deputación de Lugo para o correcto funcionamento.

P

MMáis información e inscricións: http://deputacionlugo.gal/temas/emprego/bonoimpulso



M


No hay comentarios: