OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial
BONOS ACTIVA COMERCIO:
Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:
- Desconto de 5 euros para compras superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros (IVE incluido).
- Desconto de 10 euros para compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).
Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios a partir do 3 de maio na web https: //www.bonosactivacomercio.gal, e terán unha validez de tres meses.
Importe máximo a canxear por cada empresa 5.000 euros.
COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. ATA O DÍA 31 DE MAIO DE 2021. Requisitos para poder adherirse:
-Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 14/04/2021.
FUNCIONAMENTO DOS BONOS:
- Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.
- Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.
OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:
- Cumprir coas medidas de prevención frente a COVID-19.
- Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.
- Realizar o desconto directo do bono, sin que o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.
- Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
- Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.
- Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.
- Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario