miércoles, 5 de mayo de 2021

AXUDAS AO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL PARA DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN

 

ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código do procedemento CO300C). DOGA 04/05/2021.

Obxecto: subvencións para a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Beneficiarios:

-      comerciantes minoristas con domicilio fiscal e de traballo en Galicia que empregen menos de 20 traballadores, cinha superficie de venda igual ou inferior a 300m2, incluidos nos seguintes IAE que constitúa a actividade principal:641,642,643,644,645,647,651,652,653,656,657,659,665; asimesmo poderán optar os que están de alta nos seguintes epígrafes sempre que o están tamén nalgún dos epígrafes mencionados anteriormente:255.2,253.6,41,421,43,44,45.

-      Talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos talleres poderán inscribirse no dito rexistro ata o día 4 de xuño de 2021.

Solicitude: por medios electrónicos.

Actuacións subvencionables e importe máximo sen IVE:

1.    Línea de dixitalización comercial, subvención do 80% cos seguintes máximos: implantación e actualización de páxinas web con venta en liña e implantación e actualización de webs comerciais (de 800 a 4.000 euros dependendo do tipo de páxina); implantación de ferramentas de xestión e de sitemas integrados para planificación de recursos empresariais comerciais e de software (3.000 euros), así como as tabletas asociadas (300 euros); actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de markting 4.0 na internet ou usando novas tecnoloxías (16.000 euros); actuacións de comercialización dixital (participación en eventos efímeros ou feiras dixitais)(1.000 euros); loxística i e-commerce (1.000 euros); loxística i e-commerce sostenible no Km cero (1.000 euros).

2.    Adquisición der equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, subvención do 80% cun máximo sen IVE de 10.000 euros: non pode ser de segunda man, e inclúe: maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade ou que melloren o diseño ou calidade do produto final.

Non son subvencionables: ordenadores, móbiles, televisores, reprodutores de sonido e imaxe, TPV; adquisición de maquinaria propia de procesos industriais; adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais; materia prima da actividade empresarial; inversións en locais para uso da actividade artesanal

 

Prazo presentación de solicitudes: ata o 4 de xuño de 2021.

Destacar: serán subvencionables as actuacións que foran realizadas e pagadas desde o 1 de decembro do 2020 ata a data límite de xustificación. Obriga de manter as inversión subvencionables por un período mínimo de dous anos desde a concesión, e publicitar a axuda concedida.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0596-220421-0001_es.pdf



No hay comentarios: