martes, 14 de septiembre de 2021

CONCEDIDO UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR V

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor V", subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, para as especialidades de: 


- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Traballos de carpintería e moble.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que en breve estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...

Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. 

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello, ou chamando ao 982590029

No hay comentarios: