viernes, 24 de septiembre de 2021

SUBVENCIÓNS AO SECTOR DA HOSTELARÍA PARA A PROMOCIÓN DA DIXITALIZACIÓN E O MARKETING DIXITAL

QUEN PODE SOLICITAR ESTAS AXUDAS:

 Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.

 QUE SE SUBVENCIONA:

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento emitidos en datas non incluídas no dito período.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante .

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).

1.2. Integración de PMS actuais.

1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.

1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.

1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.

1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:

– Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking...).

– Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group...).

– Sistemas de marketing automation.

– Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).

– Publicidade en liña.

– Campañas publicitarias con prescritores.

– Reportaxes fotográficas e de vídeo.

– Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control crítico).

1.7. Web corporativa con motor de reservas.

1.8. Adquisición de hardware informático.

1.9. Gastos de persoal:

– Sistemas de control do teletraballo.

1.10. Equipamento tecnolóxico:

– Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia.

– Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipamentos informáticos, software, comunicacións, etc.) como específico.

2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados no punto dous deste artigo.

3. O importe da subvención será do 100 % para un gasto subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.

 

PRAZO DE SOLICITUDE:  do 25/09/2021 a 25/10/2021, ou ata o esgotamento do crédito (van resolvendo por orde de entrada.


MÁIS INFORMACIÓN:  contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503C&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

No hay comentarios: