viernes, 24 de septiembre de 2021

AXUDAS PARA CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATARNIDADE DA TRABALLADORA AUTÓNOMA

 ORDE do 10 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 

   
 Persoas e entidades beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.

   
  2. Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.
  

Obxecto
   
  Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

     Mediante esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

     Tamén se subvencionarán os gastos de gardaría e os de centro ou do servizo de coidado de persoas maiores e/ou dependentes realizados no período subvencionable.

Prazo solicitude:  do 25/09/2021 ao 25/10/2021

No hay comentarios: