ORDE do 18 de outubro de 2021 pola que
se establecen as bases reguladoras do IV
Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas
particularmente afectadas pola crise da COVID-19, mediante axudas directas para
o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR700A)
Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas directas
previstas nesta orde:
a) Todas as persoas traballadoras autónomas de
alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras
por conta propia, e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de
estimación obxectiva, con domicilio fiscal en Galicia e que exerzan unha
actividade económica.
b) Todas as persoas traballadoras autónomas de
alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras
por conta propia, os profesionais e empresas, con domicilio fiscal en Galicia,
que exerzan unha actividade económica e que teñan unha caída do volume de
operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre
o valor engadido ou tributo indirecto equivalente, de máis dun 30 % no ano 2020
respecto do ano 2019.
c) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas
traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa
actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da
solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún
dos anos 2019 ou 2020.
Para os efectos desta orde, ás persoas
traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9
meses aplicaráselles o réxime xeral e non o de tempada.
d) Poderán ser beneficiarias as persoas
traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de
xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que realizasen unha
modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o
31 de decembro de 2020.
Obxecto
1. O obxecto deste programa é a concesión dunha
axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, no
ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o apoio á solvencia e redución
do seu endebedamento.
2. As
axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a
débeda e a realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e
non financeiros, así como a compensar os custos fixos en que se incorreu,
sempre e cando estes se xerasen entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro
de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.
3. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a
provedores e outros acredores non financeiros, por orde de antigüidade. Se
procede, en segundo lugar, reducirase a débeda con acredores financeiros,
primando a redución da débeda con aval público, segundo o disposto no número 2
deste artigo. Por último, poderá destinarse o remanente da axuda a compensar os
custos fixos en que se incorreu, sempre e cando fosen xerados entre o 1 de
marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao
13 de marzo de 2021. Inclúense as perdas contables propias da actividade
empresarial que non fosen xa cubertas por estas ou outras axudas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o
día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata
o 29 de novembro de 2021, incluído.
Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211028/AnuncioG0599-201021-0001_es.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario