Aberto o prazo para actualización de méritos nas listas do SEAGA e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos. O PRAZO de inscrición abarcará DENDE O 1 DE OUTUBRO ATA O 2 DE NOVEMBRO INCLUíDOS, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado.
Salvo imprevistos que
obriguen a aperturas extraordinarias, é que no ano próximo todos os procesos
selectivos de contratación de persoal temporal para traballos nos
encargos recibidos se leven a cabo cos candidatos que se inscriban agora. As
categorías previstas son: Arquitecto, Biólogo, Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro
Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Licenciado en Dereito,
Licenciado en Económicas, Titulado en Ciencias do Mar, Arquitecto Técnico,
Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico de Obras
Públicas, Técnico de Laboratorio, Capataz, Xefe de Brigada,
Maquinista-condutor, Peón, Especialista, Peón.
Os que desexen actualizar méritos só
terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida
laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio. Os que desexen inscribirse de novo terán que
presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)
A APERTURA
DAS LISTAS NON IMPLICA NECESARIAMENTE QUE HAXA CONTRATACIÓNS NOS PRÓXIMOS
MESES, as contratación efectuanse unha vez recibidos encargos que impliquen a
necesidade de traballadores desas categorías.
Toda a
información aparecerá publicada na páxina web de Seaga (WWW.EPSEAGA.COM). É importante que os candidatos comproben
correctamente a documentación a presentar (aparece claramente detallada nas
bases), consulten, e resolvan con tempo calquera incidencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario