viernes, 5 de noviembre de 2021

Programa "Camiño da Innovación" para microempresas e pemes. Evento a celebrar en Cervo o día 8 de novembro

A iniciativa "Camiño da Innovación" da Axencia Galega de Innovación, que percorrerá toda Galicia a través dun tráiler como espazo de inspiración, información e servizos próximos ás microempresas e pemes galegas.

En total, "Camiño da Innovación" vai realizar 18 etapas en concellos das catro provincias galegas para garantir a proximidade a todo o tecido empresarial. A actuación estará aberta ao público de 9h a 18h en cada concello e servirá como oficina de asesoramento para apoiar a innovación. Ademais, levaranse a cabo eventos, coa participación de pemes da contorna, para difundir a cultura da innovación.

Para a comarca da Mariña  o evento terá lugar en Cervo este próximo luns día 8 de Novembro, o resto de  datas de cada etapa por concello pode ser consultado na sección da web da Axencia Galega de Innovación dedicada a Camiño da innovación.

Para participar na iniciativa, podédesvos inscribir a través deste formulario<https://form.jotform.com/212922525069355> e solicitar:

-       Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación, na Praza do Concello de 9:30 a 18:00 ( necesario solicitar cita)

-       Asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras, neste evento  que se fará no Concello de Cervo de 12:30  a 14:00 contará coa presencia de Patricia Fernandez Liz , directora da área de Servicios da GAIN (necesario confirmar asistencia).

             Durante o evento coñeceremos os casos de éxito de:

  1.  Laminados Villapol: empresa pioneira na transformación da madeira galega situada na Mariña
  2.  Pescados Rubén: empresa líder no sector da pesca a nivel mundial
  3.  Star Microelectronics: empresa galega de alto valor tecnolóxico na fabricación de compoñentes electrónicos

Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes de Galicia, que ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuír a superar os obstáculos para innovar.

No hay comentarios: