miércoles, 24 de noviembre de 2021

AXUDAS DO IGVS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICACIÓNS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO (MENOS DE 5.000 HABITANTES), PARA A ANUALIDADE 2022.

 QUEN PODE SOLICITAR?

Poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España, e as actuacións se realicen en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007:

a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva.

b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

 

QUE E CANTO SE SUBVENCIONA?

Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria

2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica

2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica

2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas

2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3

2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas

Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

As actuacións deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opción:

-          En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda (OPCIÓN A).  A cuantía máxima da axuda é 50% para a tipoloxía 1, 40% para a tipoloxía 2 e 20% para a tipoloxía 3.

-          En vivendas dun edifcio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (OPCIÓN B). A cuantía máxima da axuda é 40% para a tipoloxía 1, 30% para a tipoloxía 2 e 20% para a tipoloxía 3.

Non serán subvencionables:

-          As realizadas en edificios de nova construcción.

-          As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación ou incremento no volumen construido.

-          As intervencións que supoñan un cambio de uso do edificio.

-          As actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude desta axuda.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: desde o día 3 de xaneiro 2022 ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario. As solicitudes van resolvéndose por orde de entrada.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento municipal ou pinchando no seguinte enlace: http://igvs.es/web/actuamos/969

No hay comentarios: