jueves, 7 de abril de 2022

Oferta de emprego: operario servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia por non cobertura da vacante, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 2 de maio de 2022, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 08 e ata o día 21 de abril de 2022. A selección realizarase o día 22 de abril de 2022, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1

No hay comentarios: