ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Será obxecto desta subvención, nos termos desta resolución e sempre
dentro das dispoñibilidades orzamentarias, a
renda ou o prezo da cesión aos que á mocidade ha de facer fronte para o goce da
súa vivenda ou habitación habituais.
Poderán beneficiarse desta axuda
as persoas físicas maiores de idade que
reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:
a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
b) Posuír a nacionalidade
española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo
Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa
de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán
acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.
c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma
de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de
vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos
urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso.
No caso de alugamento de habitación non é xixible que a formalización sexa nos
termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro.
d) Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
Para estes efectos, entenderase
que teñen unha fonte regular de ingresos quen estea traballando por conta
propia ou allea, o persoal investigador en formación e as persoas perceptoras
dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou
asistencial, sempre que poidan acreditar unha vida laboral de, polo menos, tres
meses de antigüidade, nos seis meses inmediatamente anteriores ao momento da
solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de, polo menos, seis
meses, contados desde o día da súa solicitude.
No caso de dispoñer de máis dunha
fonte regular de ingresos, as rendas computables serán a suma das rendas
derivadas das ditas fontes.
e) Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o
seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou a
arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento
ou cesión, iguais ou inferiores a tres
veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
Non obstante, só se terán en
conta as rendas anuais da persoa solicitante nos seguintes supostos:
– No de alugamento de habitación.
– No caso de que na vivenda
convivan, ademais da persoa solicitante, outra/s persoas e concorran os
seguintes requisitos:
• Que no momento de solicitar a
axuda ningunha das persoas que conviva na vivenda teña entre si parentesco en
primeiro grao de consanguinidade ou ben que todas elas teñan menos de 36 anos.
• Que todas elas subscriban o
contrato de alugamento.
f) Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento
da solicitude, a súa residencia
habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado
ou volante de empadroamento nos termos previstos nesta resolución.
2. Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou
algunha das que teñan a súa residencia habitual e permanente na vivenda obxecto
do contrato ou compromiso de alugamento ou de cesión de uso se atope nalgunha
das situacións que a continuación se indican:
a) Ser persoa propietaria ou
usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará
que se é persoa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda se o dereito recae
unicamente sobre unha parte alícuota dela e se obtivese por herdanza ou
transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito quen,
sendo titular dunha vivenda, acredite a súa non dispoñibilidade por causa de
separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a
vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa titular ou
algunha outra persoa da súa unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou
segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora ou
cedente da vivenda.
c) Ser socia ou partícipe da
persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora ou cedente.
3. As persoas beneficiarias e as
que teñan a súa residencia habitual e permanente na vivenda obxecto do contrato
ou compromiso deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e
autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda,
por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
4. Non poderán obter a condición
de beneficiarias destas axudas aquelas persoas que estean incursas nalgunha das
circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no
artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. Cando na mesma vivenda
convivan dous ou máis persoas mozas, cada unha delas poderá ser beneficiaria se
cumpren os requisitos establecidos neste ordinal.
CUANTÍA E DURACIÓN DAS
AXUDAS: unha axuda de 250 euros mensuais, co límite
da renda mensual, ou de convivir con outras persoas, do importe que lle
corresponda satisfacer á persoa beneficiaria da axuda, e por un prazo de dous anos. As axudas poderán recoñecerse desde o 01/01/2022 no caso de ter contrato vixente
en esa data.
SOLICITUDE E PRAZO: obrigatorio por medios electrónicos na
sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación electrónica
das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitude é do 01/07/2022 ao 31/10/2022 e,
en todo caso, no momento do esgotamento
do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución
ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. As solicitudes van
resolvéndose por orde de entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario