lunes, 13 de junio de 2022

Oferta emprego: peón-condutor recollida de lixo (contrato interinidade)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, a xornada completa, desde o próximo día 4 de xullo de 2022.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14  e ata o 20 de xuño de 2022, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 22 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

No hay comentarios: