RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022
pola que se establecen as bases reguladoras das subvenciones do Programa de
axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025,
e procedese a súa convocatoria, con financiamento plurianual, códigos de
procedemento VI483A (para concesión inicial) e VI483B (para renovación da
subvención).
· PRAZO SOLICITUDE: do 02/01/2023 ao 05/05/2023 sempre que non se esgote antes o crédito (pode ampliarse por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá publicarse no DOG).
· BENEFICIARIOS: persoas físicas maiores de idade, que reúnan os seguintes requisitos:
1.
Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do Espazo
Económico Europeo, Suiza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa
de aplicación. Os estranxeiros non comunitarios deben ter autorización de
estancia ou residencia en España.
2. Ser titular
(arrendatario) dun contrato de aluguer de vivenda con duración mínima dun ano e
no que conste a referencia catastral da vivenda alugada.
3. A vivenda
alugada ten que ser a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria
(certificado ou volante de empadroamento).
4. Renda
mensual da vivenda non superar os seguintes importes recollidos no punto octavo
das bases reguladoras.
5. A suma total
das rendas anuais das persoas con domicilio habitual ou permanente na vivenda
arrendada sexa igual ou inferior a 3 veces o IPREM. No caso de que a unidade de
convivencia sexa familia numerosa de categoría xeral ou dentro da mesma haxa
persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo o límite será de 4 veces o
IPREM. Se a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial
ou haxa persoas con discapacidade nun grado igual ou superior ao 33% o límite
será de 5 veces o IPREM.
6. Os ingresos
mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.
7. Atoparse ao
corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa S.S. e non
ter pendente ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de
Galicia.
· PROCEDEMENTO: concorrencia non
competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible.
· CONTÍA: o 50% da renda ( non
podendo superar a renda un prezo máximo establecido por zonas)
· DURACIÓN: concesión anual, podendo alcanzar un máximo
de 5 anos. Para desfrutar as anualidades do segundo e posteriores anos deberá
solicitarse a renovación anual en prazo.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario