jueves, 9 de mayo de 2024

AXUDAS PARA IMPLATACIÓN DE MEDIDAS PARA CUMPRIR COS CRITERIOS ASG NAS PEMES GALEGAS (DOG 08-05-2024)

 

Resolución do 26 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas pemes galegas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F)

 

· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada en función da data de presentación da documentación completa).

 

· OBXETO: a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organización.

 

·BENEFICIARIOS: pequenas e medianas empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia a realizar o proxecto.

 

· PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes, desde o día 9 de maio de 2024 as 8.00 horas e ata as 14.00 horas do día 15 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

 

Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

No hay comentarios: