Están expostas no
taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral
temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A
SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2024 (3
meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do
Concello do Vicedo.
O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 10 de xuño
e remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o
día 20 de xuño, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. Tamén no seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario