PROGRAMA DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO DE PEIXE E MARISCOS FRESCOS NOS COMERCIOS RETALLISTAS
OBXECTIVO:
Incentivar a demanda de peixe e marisco fresco.
BONOS PEIXE:
Cada
bono terá un valor de hasta 50€ (aplicarase un desconto do 25% da compra de
peixe e marisco fresco), dispoñibles en tramos semanas de 5 euros, acumulables
durante o periodo de validez do bono, no caso de ter saldo acumulado o importe
do desconto non poderá superar os 25 euros por semana.
Poderase usar cada bono ata o
esgotamento do importe semanal do usuario ou, se é o caso, do acumulado ata o
límite dos 25 euros, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible por semana, ou
ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas
alcance o crédito total.
Os bonos estarán disponibles para a súa descarga desde o día 28/07/2025 ata o 30/10/2025, ou o esgotamento do crédito, na páxina web www.bonopeixe.gal.
COMERCIOS MINORISTAS CON
ESTABLECEMENTO OU AMBULANTES QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: desde mañá día 11/07/2025 os
establecementos minoristas con ou sin establecemento permanente, interesados
poderán solicitado na web www.bonopeixe.gal
. Requisitos para poder adherirse:
-Desenvolver a súa
actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen
nesta orde, publicado no DOG de 10/07/2025.
FUNCIONAMENTO DOS
BONOS:
-
Os
comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a
cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.
-
Para
canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que
descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o
comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda,
aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao
cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR
e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.
OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:
-
Anunciar
no exterior do establecemento a adhesión ao programa.
-
Realizar
o desconto directo do bono, sin que o
usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.
-
Especificar
na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
-
Someterse
de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.
-
Conservar
durante 5 anos os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos
bonos.
-
Custodiar
as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.
Máis información: contactar coa
Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte
enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250710/AnuncioG0427-270625-0001_gl.pdf https://bonopeixe.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario