A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concedeu ao concello do Vicedo unha axuda para a contratación dun empleado de bibliotecas (auxiliar), durante nove meses ao 100% da xornada, que estaría adscrito ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.
Está contratación estaría financiada pola Orde
do 13 de agosto de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras destinadas á
contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía
xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración
con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Program
FSE+Galicia 2021-2027, para o ano 2025.
Polo tanto, os candidatos/-as ao posto deben de
cumprir unha serie de requisitos tanto no momento da selección como no da formalización
do contrato:
-Ser desempregado
e inscrito como demandante non ocupado de emprego no Servizo Público de Emprego
- Ter
feitos os 18 anos e non superar os 29, idade máxima para a inscrición no
Sistema nacional de garantía xuvenil
- Estar
inscritas como beneficiarias no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A continuación podes consultar os requisitos (entre
outros: ter entre 18 e 29 anos ambos inclusive, non estar traballando nin en
formación ..), e inscribirte no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no
seguinte enlace: Requisitos
para inscribirse en Garantía Juvenil
- Non ter traballado ou recibido acción educativas
ou formativas o día natural anterior á data da sinatura do contrato.
Si estás interesado/-a ou necesitas máis
información, podes contactar canto antes coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello do Vicedo, tamén chamando ao 982590029 ou
mediante correo electrónico: emprego@concellodovicedo.org.
No hay comentarios:
Publicar un comentario