lunes, 12 de enero de 2026

AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS PARA PARTICULARES CONVOCADAS POLO INSTITUTO DE ESTUDIOS DO TERRITORIO

 RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT402A). DOG do 07 de xaneiro de 2026.

Persoas beneficias: as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que se pretende realizar algunha das actuacións subvencionables.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a plena dispoñibilidade destes, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda (mínimo cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público; e, non inferior a dous anos para o resto de bens).

O requisito anterior deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a sinatura de declaración responsable de propiedade e plena dispoñibilidade (anexo I). No caso de copropiedades, na fase de xustificación, achegarase autorización de todos os copropietarios relativa á realización da actuación para a cal se solicita a axuda.

As actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou a correspondente licenza municipal (sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos). Esto acreditarase na fase de xustificación, sin prexuizo de declaración responsable na fase de solicitude.

Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:

-          Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

-          Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

-          Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

Os gastos subvencionables serán aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; están recollidos no artigo cuarto apartado 2 da resolución.

-          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas (materias e man de obra).

-          Gastos de honorarios derivados da redacción de proxectos técnicos, dirección facultativa das obras e custos dos estudos necesarios para a súa realización (non poden superar o 10% do investimento subvencionable).

-          Os tributos que sexan aboados efectivamente pola persoa beneficiaria; nunca os impostos indirectos susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

 NON son subvencionables: os gastos correntes de funcionamento; equipamento e materiais non funxibles de segunda man; actuacións de mantemento que se realicen periodicamente; gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.

Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 € por solicitante e ben.

Prazo de presentación de solicitudes: próxima apertura o día16/01/2026 12:00 ata o 16/02/2026 23:59, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.

Só se pode presentar unha solicitude por persoa ou ben; pero cada solicitude pode conter varias actuacións.

É obrigatoria a presentación por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Obrigas:

-          - Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada.

-          - Xustificar o cumprimento dos requisitos e das condicións; a realización da actividade e o cumprimento da finalidade da subvención.

-      -Manter o investimento subvencionado durante un período mínimo de 5 anos, cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, e non inferior a 2 anos para o resto de bens.

-     -Durante os períodos mínimos realizar as obras de mantemento e limpeza necesarias para a correcta conservación do investimento.

-          -Someterse ás actuacións de control financeiro, de ser o caso.

-         - Comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

-        - Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados; e, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

 Documentación para a solicitude:

-        - Acreditar a representación, de ser o caso.

-       -  Memoria descritiva das actuacións propostas (presuposto con IVA desglosado, e en concordancia co anexo I), que deberá ter o detalle suficiente para describir adecuadamente as súas características, a súa medición e o seu orzamento (debe ser suficiente para permitir o cálculo do orzamento de hipotéticas execucións parciais).

-   - Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar, en que se aprecie o elemento ou elementos obxecto da actuación (mínimo, unha fotografía de conxunto de cada unha das fachadas, cubertas ou muros a que se refiran as actuacións para as que se solicita subvención, e as fotografías de detalle que sexan precisas).

-      - Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior á contía de 40.000 €, , o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores.

Non será necesario achegar os documentos presentados con anterioridade ante calquera Administración, bastará con indicar en que momento e ante que órgano se presentaron.

Deberá presentarse electrónicamente; de presentarse de xeito presencial será requerida a enmenda e terase en conta como data de presentación aquela na que se fose realizada a enmeda.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo ou pinchando no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=MT402A


 

No hay comentarios: