viernes, 3 de julio de 2026

PROGRAMA EMEGA. AXUDAS AO EMPRENDEMENTO FEMININO (NOVAS INICIATIVAS E PARA AS XA EN FUNCIONAMENTO)

Orde de 18 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (Publicada en DOG o 3 de julio de 2026). Convocatoria de axudas Programa Emega — código de procedemento: SI429A.

Obxectivo da axuda :

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, abre o prazo para a presentación das solicitudes de axudas destinadas ao fomento do emprendemento feminino en Galicia. Están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 e adxudícanse por concorrencia competitiva. As axudas están sometidas ao réxime de minimis e non poderán concederse, entre outros, aos seguintes supostos: a) Empresas dedicadas á produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura. b) Empresas dedicadas á transformación e á comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos adquiridos ou comercializados.

Modalidades de axuda:

a) Emega Emerxe: posta en marcha de novas iniciativas empresariais e creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. 

b) Emega Impulsa: reactivación, consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou implantación de medidas innovadoras para mellorar a competitividade. 

c) Emega Innova: impulso de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou base tecnolóxica. 

d) Emega Concilia: axuda complementaria ás modalidades anteriores para promover a conciliación. As modalidades a), b) e c) son incompatibles entre si. Só se poderá ser beneficiaria dun único incentivo, compatible con Emega Concilia.

¿Quen pode solicitala? Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 14/08/2025 e a data de fin do prazo de presentación de solicitudes (03/08/2026).

Prazo e presentación: un mes contado a partir do día seguinte á publicación no DOG (03/07/2026).

Vía de presentación: sede electrónica da Xunta de Galicia.

¿Que gastos subvenciona e co que importes? 

a) Emega Emerxe:

En atención aos postos de traballo creados: 

* 10.000 € polo posto de traballo da promotora. 

* De 16.000 a 22.000 € ás empresas con 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da(s) promotora(s).

b) Emega Impulsa:

Medidas subvencionables (algunha das seguintes): 

* Cambio de localización da actividade.

* Acondicionamento ou renovación das instalacións. 

* Renovación do equipamento informático e/ou aplicacións informáticas.

* Compra de maquinaria e/ou ferramentas. v. Implantación de novas tecnoloxías para a comercialización de produtos ou servizos.

En atención ao número de postos de traballo existentes: 

* 8.000 € polo mantemento do posto de traballo da promotora. 

* De 12.000 a 17.000 € ás empresas con 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da(s) promotora(s).

c) Emega Innova:

En atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou allea, con contrato indefinido: 

* 18.000 € pola creación do posto de traballo da promotora.

* De 27.000 a 42.000 € ás empresas que creen 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres, incluíndo o da(s) promotora(s).

d) Emega Concilia:

Só poderá concederse ás empresas que a soliciten e resulten beneficiarias doutra modalidade.

* Concilia-promotoras: 3.000 € por empresa. Requírese que algunha promotora teña fillos menores de 3 anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

* Concilia-persoas traballadoras por conta allea: máximo de 5.000 € por empresa.

Máis información: contactar coa AEDL municipal ou  pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260703/AnuncioG0762-190626-0001_gl.pdf


No hay comentarios: