martes, 27 de octubre de 2026

Apertura prazo descarga bonos comercio segunda edición 2026

O programa dos bonos Activa Comercio ten como obxectivo incentivar a demanda comercial axudando economicamente ás persoas consumidoras e fomentando o consumo nos establecementos retallistas adheridos á campaña.

Cada bono terá un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. A partir do mércores 28 de outubro (desde as 9.00 horas) as persoas consumidoras poderán descargar eses bonos desde a web www.bonosactivacomercio.gal e empregalos nos establecementos mediante o seu formato dixital QR.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261027/AnuncioG0767-081026-0005_gl.html

No hay comentarios: