lunes, 16 de noviembre de 2026

Lista de admitidos/excluidos definitiva para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2026"

Publicouse no día de hoxe 16/11/2026 a lista de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de novembro de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

jueves, 12 de noviembre de 2026

Xornada en Ortigueira sobre "Máis alá dos parques eólicos: Comunidades e territorio"

 

Os procesos de negociación vinculados ao repotenciamento dos parques eólicos abren novas posibilidades, pero tamén suscitan interrogantes e desafíos para os territorios afectados. Como conectar estes procesos coas necesidades e iniciativas locais? Que oportunidades poden xurdir para as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), as asociacións veciñais, persoas propietarias e grupos interesados.

Esta xornada pretende tender pontes entre os procesos de repotenciamento eólico e o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas de base comunitaria, poñendo en común experiencias prácticas, resolvendo dúbidas e abrindo un espazo de debate para compartir propostas e identificar posibles vías de colaboración desde o propio territorio.

Pinha no seguinte enlace para inscribirte: https://www.redenerxia.gal/axenda/xornada-m%C3%A1is-al%C3%A1-dos-parques-e%C3%B3licos-comunidades-e-territorio

miércoles, 11 de noviembre de 2026

OBRADOIRO: SOSTENIBILIDADE APLICADA AO SISTEMA PRODUTIVO NO SECTOR PESQUEIRO

 

ES·MAR, organiza un Taller formativo “Sostenibilidade aplicada ao sistema produtivo no sector pesqueiro”, dirixido a tripulantes e futuros tripulantes de buques pesqueiros, empresas armadoras, cofradías de pescadores e personal de lonxas pesqueiras e portos.
Detalles do taller:
📅 Data: [13 de novembro]
🕛 Hora: [12:00 h]
📍 Modalidade: [Online, a través de Zoom]
  Inscríbete ahora facendo clic aquí:

martes, 10 de noviembre de 2026

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2026"

Publicouse no día de hoxe 10/11/2026 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 11 e 12 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de novembro de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.4 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

domingo, 1 de noviembre de 2026

Publicación no BOP das bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2026"

No BOP de Lugo do sábdo día 31/10/2025 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde hoxe día 2 ata o día 6 de novembro de 2026.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 30 de octubre de 2026

Encontros informativos do GALP A Mariña-Ortegal proximamente en Viveiro

 🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?

⚓️ O GALP A Mariña-Ortegal convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 

💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027. Nestes encontros informativos poderás:

📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.

📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.

📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza.


Calendario de encontros:

📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 12:00 h 

Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 17:00 h 

Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 CEDEIRA | Xoves 5 de novembro | 17:00 h 

Auditorio de Cedeira (Rúa Convento, s/n)

📅 FOZ | Xoves 12 de novembro | 10:40 h 

IES de Foz (Rúa Castelao, s/n)


ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar 

Correo: info@feitocomar.gal 

Teléfono: 627 570 950



jueves, 29 de octubre de 2026

Obradoiros formativos

 

ES·MAR convoca os seguintes obradoiros para o mes de Novembro, dirixidos a profesionais do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, así como ao sector transformador e comercializador.

Podes inscribirte a través da web: https://rede-esmar.gal/es/

martes, 27 de octubre de 2026

Apertura prazo descarga bonos comercio segunda edición 2026

O programa dos bonos Activa Comercio ten como obxectivo incentivar a demanda comercial axudando economicamente ás persoas consumidoras e fomentando o consumo nos establecementos retallistas adheridos á campaña.

Cada bono terá un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. A partir do mércores 28 de outubro (desde as 9.00 horas) as persoas consumidoras poderán descargar eses bonos desde a web www.bonosactivacomercio.gal e empregalos nos establecementos mediante o seu formato dixital QR.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261027/AnuncioG0767-081026-0005_gl.html

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2026"

Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para cubrir vacante ata o 31 de outubro de 2027. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscrición será de 5 días hábiles contados a partir de dita publicación. É necesario estar inscrito como demandante no Servizo Público de Emprego no prazo de solicitude. 

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2 

miércoles, 21 de octubre de 2026

Xornadas FEMPA en Viveiro

Xornadas técnicas para dar a coñecer as oportunidades do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e as liñas de apoio existentes para o sector.
Poden inscribirse no seguinte enlace:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfgUpXaoMpldGKtgIEXd2X4akdVZZWF9SyNYuGm5gSe7Sf6ig/viewform

jueves, 15 de octubre de 2026

Convocatoria en liña para a obtención por libre do Celga 4

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G). 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261015/AnuncioG0766-081026-0001_gl.html

viernes, 18 de septiembre de 2026

Escolas deportivas municipais curso escolar 2026/2027

 

Máis información nas oficinas municipais, no taboleiro de edictos ou na sede electrónica do concello do Vicedo (taboleiro de anuncios) donde están expostas as bases reguladoras: 

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2

martes, 15 de septiembre de 2026

Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

 RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se anuncia a súa convocatoria con carácter plurianual (2026-2027) (código de procedemento TU986B).

Prazo aberto: 07/09/2026 09:00 - 07/12/2026 20:00

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260831/AnuncioG0256-180826-0001_gl.pdf 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TU986B


viernes, 28 de agosto de 2026

OFERTA DE EMPREGO

 Recibida neste departamento a seguiente oferta de emprego:

Empresa do municipio do Vicedo busca REPARTIDOR/A.

DURACIÓN: Seis semanas.

TIPO CONTRATO: sustitución

XORNADA: Completa, 8 horas de luns a venres.

SALARIO: Segundo convenio colectivo aplicable.

DESCRICIÓN DO POSTO:

Persoa para realizar labores de repartidor/a en furgoneta durante un período aproximado de seis semanas, para cubrir unha sustitución.

REQUISITOS:

-          Permiso de conducir

As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura a través do correo electrónico emprego@concellodovicedo.org.

Máis información: contactar co departamento de emprego municipal chamando ao 982590029.

Oferta de emprego para a contratación de xóvenes desempregados inscritos no sistema de garantía xuvenil para o concello do Vicedo

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concedeu ao concello do Vicedo unha axuda para a contratación dun empleado de bibliotecas (auxiliar/axudante non titulado), durante nove meses ao 100% da xornada, que estaría adscrito ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Está contratación está financiada pola Orde do 22 de maio de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Program FSE+Galicia 2021-2027, para o ano 2026.

Polo tanto, os candidatos/-as ao posto deben de cumprir unha serie de requisitos tanto no momento da selección como no da formalización do contrato, destacamos:

-Ser desempregado e inscrito como demandante non ocupado de emprego no Servizo Público de Emprego

- Ter feitos os 18 anos e non superar os 29, idade máxima para a inscrición no Sistema nacional de garantía xuvenil.

- Estar inscritas como beneficiarias no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.  

- Non ter traballado ou recibido acción educativas ou formativas o día natural anterior á data da sinatura do contrato.

- Non ter sido contratada por calquer entidade, por un período igual ou superior a cento oitenta (180 días), ao abeiro das axudas concedidas polas ordes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro (procedemento TR352A) e programas de cooperación de garantía xuvenil con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro (procedementos TR350E e TR349Z).


Esta oferta tramítase a través da oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, si estás interesado/-a deberías estar inscrito/-a en dita oficina. Si necesitas máis información, podes contactar canto antes coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, tamén chamando ao 982590029 ou mediante correo electrónico: emprego@concellodovicedo.org., ou directamente na oficina de emprego.

Pódense consultar as bases de selección no taboleiro de edictos municipal ou na sede electrónica no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 24 de agosto de 2026

Programa de axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes 2026

 Esta axuda ten por obxecto facilitar ás persoas mozas:

- O acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a súa adquisición.

- A autopromoción dunha vivenda localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a dita autopromoción.

A contía máxima da axuda será do 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.

No suposto de adquisición ou autopromoción por dúas persoas, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria determinarase aplicando a porcentaxe de cota de participación ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido ou construído o 100% da vivenda.

Presentación de solicitudes: desde o 27.08.2026 ás 09.00 horas ata o 16.11.2026 ás 14.00 horas (por orde de entrada expedient completo ata o esgotamento do crédito).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal)

Máis información contactar coa AEDL municipal ou pinchando nos seguintes enlaces: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioO150-300726-0002_gl.pdf

https://igvs.xunta.gal/es/ayudas/programa-de-ayudas-para-la-adquisicion-de-vivienda-en-la-comunidad-autonoma-de-galicia-2026-vi501a

Curso teleformación de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 4 de setembro de 2026

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioO150-300726-0002_gl.pdf

jueves, 13 de agosto de 2026

Axudas para a adquisición de vivenda do IGVS

 Estas axudas comprenden as seguintes modalidades de adquisición:

– Modalidade A: adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

– Modalidade B: adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

A súa concesión tramítase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

Poderán solicitar as axudas obxecto desta convocatoria as persoas que subscribisen con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, nos termos previstos nesta resolución.

Tamén poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 , lles fose denegada por esgotamento do crédito. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados nesta resolución, excepto o referido á data de adquisición da vivenda.


Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260814/AnuncioC3Q2-070826-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501A

martes, 11 de agosto de 2026

Acta selección auxiliar de axuda no fogar a xornada completa (100 %)

Publicada no día de hoxe na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  acta da selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada completa (100 %), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0