lunes, 19 de marzo de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPIADORA a media xornada, durante seis meses.


Requisitos:

- Estar en posesión da titulación de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

- Ter cumpridos os 16 anos.

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

O prazo de inscrición remata o próximo día 30 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 h. na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada parcial (30 horas/semana).

Deben cumprirse os seugintes requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 30 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 13 de marzo de 2012

BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS

46 bolsas Santander CRUE CEPEME de prácticas en empresas para estudantes da Universidade da Coruña
Curso 2011/2012

Programa de bolsas Santander CRUE CEPEME. O prazo de inscrición remata o 31 de marzo de 2012.

Características das prácticas: 3 meses de duración mínima, período ampliable por tres meses máis por pedimento da empresa de acollida. Realización até o 30 de setembro de 2012.

Contía das axudas: o Banco Santander ofrece a cada estudante unha bolsa máxima de 1800 euros polos 3 meses, a razón de 600 euros mensuais.

Requisitos das empresas: autónomos, microempresas e pequenas e medianas empresas (pemes) con menos de 250 traballadores cuxo volume de negocios anual non exceda os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral non supere os 43 millóns de euros.

Máis información

viernes, 9 de marzo de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para o coidado de nenos en época de vacacións: Semana Santa e verán.

Interesados: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de O Vicedo, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar o 982590195.

OFERTAS DE EMPREGO

* Würth España necesita COMERCIAL. Ofrecen: contrato laboral, sueldo fixo+ comisións, alta na S. Social, coche empresa, tarxeta solred, dieta, línea telefónica de empresa, medios de venda, carteira de clientes, formación profesional e estabilidade no emprego. Títulación mínima: graduado ESO.


* Licenciada en Farmacia. Selecciona Ader Recursos Humáns para a zona da Mariña Lucense. Xornada completa.


* Previsión sanitaria nacional busca para a zona da Mariña Asesor comercial. Experiencia mínima de 2 anos.


Máis información e inscricións:

http://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

viernes, 2 de marzo de 2012

CERTIFICADO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

AGROCOSTA, S.L impartirá un curso para a obtención do “Certificado de Manipulador de Alimentos” o día 27 de Marzo (Martes) ás 17:00 no Centro Comarcal (Viveiro).

Coste do certificado 30€. Para máis información chamar ao 982 124344

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Desde o 1 de marzo e ata o 31 de marzo do 2012, está aberto o prazo de solicitude para o recoñecemento da experiencia profesional en:

- Operacións básicas de restaurante bar.

- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

A Consellería de Traballo e Benestar realiza unha convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.

Requisitos:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación.

* Mínimo 3 anos e 2.000 horas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel II.

* Mínimo 2 anos e 1.200 horas traballadas nos últimos 10 anos para os de nivel I.

- No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel II e 200 horas nas de nivel I