miércoles, 23 de enero de 2013

BECAS BANCO SANTANDER

O Banco Santander convoca becas a universitarios para prácticas en empresas de Galicia, durante 3 meses.

O prazo de inscrición finaliza o próximo 31 de xaneiro, máis información en:

http://www.santander.com/csgs/Satellite/CFWCSancomQP01/es_ES/Corporativo/Sostenibilidad/Santander-Universidades/Becas-Santander.html

jueves, 17 de enero de 2013

INICIATIVA "MIRADAS DE MULLER" EN AULAS DA REDE CEMIT


Durante 2013 poñerase en marcha unha nova iniciativa da Xunta de Galicia e a Rede CeMIT, na que colabora o IGAPE, sobre capacitación dixital e emprendemento no eido da fotografía dixital, dirixida a mulleres desempregadas que estean interesadas en introducirse no mundo empresarial desenvolvendo actividades relacionaas coa fotografía dixital.

A iniciativa ofrecerá consultoría, formación e difusión no campo da fotografía ás mulleres desempregadas, a través dunha plataforma que integra unha rede social e un espazo para que poidan publicar as súas creacións e que supoña un escaparate que axude a promover as obras destas mulleres.

Utilizaranse as novas tecnoloxías como vehículo e ferramenta que garanta o acceso profesional ao autoemprego e a difusión da disciplina fotográfica como manifestación artística e cultural.

A Xunta de Galicia levará a cabo a presente iniciativa en 33 das 98 aulas da Rede de CeMIT, aulas públicas con acceso a internet e dotadas de avanzado equipamento audiovisual e multimedia, distribuídas por toda a xeografía galega. Este proxecto, que leva por nome “Miradas de Muller”, comprende tres áreas de actuación:

I. Motivación ao emprendemento feminino no ámbito da fotografía.
II. Capacitación dixital no eido da fotografía dixital.
III. Plataforma web “Miradas de Muller”: Poñerase a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (http://www.miradasdemujer.com) a través da cal poderán acceder a píldoras informativas, dispoñer dun titor, difundir os seus servizos a través dunha bolsa de traballo...

A data límite para a inscrición das usuarias no proxecto será o próximo 28 de Xaneiro.

PARA INSCRIBIRTE NA INICIATIVA, REALIZA OS SEGUINTES PASOS:

Rexístrate como usuaria da Rede CeMIT nalgunha das 33 aulas especificadas no calendario e solicita a adhesión á iniciativa, antes do 28 de xaneiro.

Poderás rexistrarte como usuaria a través de dúas vías:

A través da web• http://cemit.xunta.es (a aplicación de inscrición só é compatible cos exploradores Mozilla Firefox e Google Chrome).

Nesta páxina poderás inscribirte como usuaria da Rede é unha vez obtido o teu usuario e contrasinal, poderás matricularte na iniciativa nalgunha das aulas indicadas.

Tamén poderás facer directamente a• inscrición acudindo persoalmente a algunha destas aulas.

Recorda que tes toda a información sobre a iniciativa dispoñible na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.es

Poderás solicitar máis información sobre a iniciativa enviando un correo electrónico á dirección oficinacemit@xunta.es ou ben consultando nalgunha das aulas indicadas.

No seguinte enlace pode consultar máis información e inscribirse na mesma: https://cemit.xunta.es/node/5161



miércoles, 9 de enero de 2013

PROGRAMA ALUGA


Na páxina que aparece a continuación dispoñen de toda a información sobre as axudas, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2013:

http://igvs.xunta.es/web/actuamos/604

lunes, 7 de enero de 2013

CLASES PREPARATORIAS CELGAS




FORMACIÓN DE ADULTOS

CLASES PREPARATORIAS PARA AS PROBAS DOS NIVEIS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4 DE LINGUA GALEGA


CONVOCA: Concello do Vicedo.

SUBVENCIONA: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección xeral de política lingüística).


OBXECTO: Si existe un número mínimo de alumnos/-as organizar grupos preparatorios para as probas de distintos niveis de lingua galega.

INSCRICIÓNS: Os interesados deben de inscribirse na Casa da Cultura de O Vicedo, antes do próximo 23 de xaneiro, ou chamando ó 982590195.





jueves, 3 de enero de 2013

OFERTAS DE EMPREGO

Ofertas de emprego publicadas en www.infojobs.net, si está interesado/a nalgunha delas, pinche no seguinte enlace:


http://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

- PASTELERO para Viveiro, Mª Carmen Golpe Orol.
- CAMARERO/A para Viveiro, Canoura Galdo, S.L.
- LICENCIADA EN FARMACIA para costa de Lugo.
- MOZO CON CARNET DE TRAILER para Burela. Peixes Toño, S.L.



lunes, 17 de diciembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia municipal, desde o próximo día 2 de xaneiro de 2013 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2013/2014.

Os requisitos para os candidatos son:

1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 15 meses dentro dos 30 últimos meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, e os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.


Os catro primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de decembro de 2012, ás 14:00 horas.
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o 982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente datada e selada.

Poder consultar as bases pinchando no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/?x=2GS7j0BT-BCC5RVTZojhjg
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195.

lunes, 3 de diciembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de UNHA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa.


Deben cumprirse entre outros os seguintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.
- Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 22 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de decembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.