viernes, 15 de marzo de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, para sustiuir a unha das auxiliares de axuda no fogar de baixa por enfermidade. A data de inicio prevista é o día 25 de marzo e ata que finalice a sustitución.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.







miércoles, 13 de marzo de 2013

MEDIDAS PARA FAVORECER A CREACIÓN DE EMPRESAS POR XÓVENES



A continuación aparece un enlace onde podes consultar os principais medidas para fomentar a creación de empresas para os xóvenes, que entraron en vigor o pasado mes de febreiro.

http://www.sepe.es/contenido/noticias/ampliar_noticia/apoyo_emprendedor.html

martes, 12 de marzo de 2013

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS

O Centro de formación ocupacional de Viveiro, sito na Misericordia, ten previsto comenzar o próximo día 3 de abril dous cursos dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas (plan AFD):

- Mecanizado.
- Fontanería.

Os interesados deben de estar inscritos na oficina de emprego de Viveiro. Máis información na propia oficina ou no Centro de formación ocupacional (Tlf.: 982562448).

lunes, 11 de marzo de 2013

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA

Recordámosvos que según o establecido no artigo 6.2 del Decreto 37/2006, de 2 de marzo, poderán presentarse novas solicitudes para incluirse nas listas de sustitución da Xunta de Galicia "desde o día 1 de marzo hasta el día 15 de xullo de cada año, elaborándose no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano".

Nas listas que estén cerradas, só poderán inscribirse aquelas personas que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.

Para máis información pincha en este enlace:

http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPIADORA a media xornada, por un período de 6 meses


O prazo de inscrición remata o próximo día 19 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 5 de marzo de 2013

CURSOS ON LINE PREPARATORIOS DO CELGA 1


Ata o 14 de marzo do 2013 está aberto o prazo de inscrición para  os cursos on line preparatorio da proba para obter o Celga 1. Está orientado a persoas que non teñan ningún coñecemento da lingua galega, especialmente estranxeiros/-as.


Máis información pinchando en este enlace:

http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

lunes, 4 de marzo de 2013

AULA CEMIT DO VICEDO

A aula CEMIT do concello do Vicedo, dispón de ordenadores, impresora e outros dispositivos relacionados coas novas tecnoloxías para uso público de carácter gratuito. Oferta charlas e cursos sobre distintos temas relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías na vida diaria. Ademáis, o encargado da aula ofrece asesoramento informático a asociacións, colectivos, particulares.... e formación específica.

Posibles cursos:

Para desempregados:
- Búsqueda de emprego na rede.
- Elaboración do CV.
- Orientación laboral na rede.

Para empresarios:
- Creación de blogs.
- Creación páxina web da empresa.
- Presencia en internet das redes sociais. Como aumentar as vendas.

Para nenos e maiores:
- Alfabetización informática.
- Correo electrónico.
- Navegación web.
- Iniciación á internet.
- Búsqueda de información na rede.
- Xogos de adestramento mental.
- Mecanografía.
- Dropbox (almacenamento na rede).
- Xeolocalización.

Para Adultos:
- Como buscar, ver e medir parcelas agrarias.
- Información de prezos, especies e métodos de pesca nas lonxas galegas.
- Trámites bancarios online.


Si estás interesado, apúntante xa chamando ó 982590195, ou pasando pola aula, sita no baixo da Casa da Cultura, no seguinte horario: de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas.