jueves, 29 de junio de 2023

Axudas contratación persoas mozas

ORDE do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230629/AnuncioG0656-160623-0009_gl.html

martes, 20 de junio de 2023

Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de auxiliar de axuda a domicilio

Publicadas na sede electrónico co concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das prazas de auxiliar de axuda a domicilio, tanto no sistema de concurso como no de concurso-oposición.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

lunes, 19 de junio de 2023

Oferta de emprego: cinco peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2023

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, durante tres meses.

O prazo de solicitude comenza o día 20 de xuño e remata o día 26 de xuño de 2023. A proba de selección realizarase o día 27 de xuño de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO: PERSOAL PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. CAMPAÑA 2023

No BOP de Lugo de hoxe día  19/06/2023 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2023:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 15 de junio de 2023

CONVOCADAS DISTINTAS AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2023/20230615/Secciones3_gl.html

miércoles, 14 de junio de 2023

Curso de "Nivel Básico de Prevención en Construcción" na Casa da Cultura do Vicedo

Curso presencial de 60 horas de "Nivel Básico de Prevención en Construcción" que se realizará nas instalaciones da " Casa de la Cultura" do Vicedo entre os días 05 e 18 de Junio, en horario de mañá, de 8:00 a 15:00 horas tódolos días menos o día 17 que será de 8:00 a 12:00 e o 18 que será de 08:00 a 14:00 horas.

O curso será impartido e certificado pola "Fundación Laboral da Construcción"

Interesados/-as contactar co director do Obradoiro de emprego, de 10:00 a 14:00 h., chamando a Casa da Cultura do Vicedo ó 982590195.


martes, 13 de junio de 2023

Oferta emprego: peón-condutor (contrato interinidade)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, desde o próximo día 3 de xullo de 2023.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14  e ata o 20 de xuño de 2023, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2022, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board