miércoles, 31 de enero de 2024

Cursos de prevención de riscos laborais

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240201/AnuncioO150-250124-0001_gl.html

Axudas para rehabilitación e conservación do patrimonio natural e cultural e zonas da rede Natura ou limítrofes pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura

MT814A - Axudas vinculadas á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000

Prazo de solicitude: 27/01/2024 ó 26/02/2024

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural dos espazos da Rede Natura 2000 ou zonas limítrofes fóra desta pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000 (código do procedemento administrativo MT814A).

Así mesmo, a través de esta orde convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2024 e 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva que serán cofinanciadas polo Feader.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as: persoas físicas,  asociacións sen ánimo de lucro, incluídas aquelas que teñan asinados acordos de custodia do territorio con persoas físicas ou xurídicas titulares ou cotitulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou as súas agrupacións, as comunidades de montes veciñais en man común, etc.

As actuacións subvencionables son entre outras:

-         - Creación e/o mellora de cercas, setos, vexetación de lindes..

-          - Actuacións para mellora da paisaxe rural, como restauración de muros de mampostería e sillería.

-         - Restauración ou adecuación de sendeiros rurales.

-        - Creación de rutas e  áreas recreativas.

-        -  Señalización de camiños e sendas.

-     - Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos ou culturais, representativos da paisaxe agraria tradicional. Rehabilitación de elementos como: hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, colmeneiras, muiños….que se realizarán dentro dos espazos da Rede Natura 2000 ou zonas limítrofes fóra desta pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000 e conforme ó condicionado do anexo IX.

-          Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas…

Cuantía das axudas: Se concederá el 100% del coste subvencionable, con un máximo de 15.000 euros (para persoas físicas e asociación) e 30,000 euros no resto de casos. El IVA no es subvencionable.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT814A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240126/AnuncioG0691-190124-0005_es.html

martes, 30 de enero de 2024

Axudas para a contratación de traballadores por persoas traballadoras autónomas

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR349F).

Prazo solicitude: 05/02/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-030124-0007_gl.html


Ofertas de emprego: dous peóns de mantemento de zonas naturais, un peón de servizos múltiples e un auxiliar de información turística. Programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 30/01/2024 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS,  dun/dunha PEÓN SERVIZOS MÚLTIPLES e dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 31 de xaneiro de 2024 ata o día 09 de febreiro de 2024.

Para máis información ou consulta das bases e convocatoria, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 25 de enero de 2024

Obradoiros informativos organizados polo GALP A Mariña-Ortegal sobre a próxima convocatoria de axudas a proxectos tanto produtivos como non produtivos

O GALP A Mariña-Ortegal informa da previsión de publicación de convocatoria de axudas nos próximos días e, así mesmo, da celebración de 4 OBRADORIOS PRÁCTICOS (VIXÍA) no territorio, a fin de poder asesorar, informar e formas a todas as persoas interesadas en promover proxectos no territorio do GALP A Mariña-Ortegal, ditos obradorios terán unha visión práctica a fin de dotar das ferramentas necesarias para que os  proxectos poidan acadar financiamento do FEMPA.

  1. Viveiro. Confraría de Celeiro. Mércores 31 de xaneiro de 2024. 10 a 13 horas.
  2. Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 1 de febreiro de 2024. 10 a 13 horas.
  3. Ortigueira. Centro de Participación Cidadán “Hospital de San Roque”. Mércores 7 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
  4. Ribadeo. Casa do Viejo Pancho. Xoves 8 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.

Listas admitidos e excluídos definitivas das prazas de: peón-condutor, peón recollida de lixo, limpadora casa da cultura e outros e limpadora casa do concello e outros , convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.

Publicadas no BOP de Lugo do día 25 de xaneiro de 2024,  as listas de admitidos e excluídos definitivas dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas tanto polo sistema de concurso:

- PEÓN-CONDUTOR.

- PEÓN RECOLLIDA LIXO.

- LIMPADORA CASA CULTARA E OUTROS.

- LIMPADORA CASA DO CONCELLO E OUTROS.

Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_21_25012024.pdf

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0


miércoles, 24 de enero de 2024

Ofertas de emprego varias. Programa "Reforzo do emprego 2023", financiado pola Excma. Deputación Provincial de LUgo

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0