miércoles, 31 de enero de 2024

Axudas para rehabilitación e conservación do patrimonio natural e cultural e zonas da rede Natura ou limítrofes pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura

MT814A - Axudas vinculadas á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000

Prazo de solicitude: 27/01/2024 ó 26/02/2024

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural dos espazos da Rede Natura 2000 ou zonas limítrofes fóra desta pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000 (código do procedemento administrativo MT814A).

Así mesmo, a través de esta orde convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2024 e 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva que serán cofinanciadas polo Feader.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as: persoas físicas,  asociacións sen ánimo de lucro, incluídas aquelas que teñan asinados acordos de custodia do territorio con persoas físicas ou xurídicas titulares ou cotitulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou as súas agrupacións, as comunidades de montes veciñais en man común, etc.

As actuacións subvencionables son entre outras:

-         - Creación e/o mellora de cercas, setos, vexetación de lindes..

-          - Actuacións para mellora da paisaxe rural, como restauración de muros de mampostería e sillería.

-         - Restauración ou adecuación de sendeiros rurales.

-        - Creación de rutas e  áreas recreativas.

-        -  Señalización de camiños e sendas.

-     - Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos ou culturais, representativos da paisaxe agraria tradicional. Rehabilitación de elementos como: hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, colmeneiras, muiños….que se realizarán dentro dos espazos da Rede Natura 2000 ou zonas limítrofes fóra desta pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000 e conforme ó condicionado do anexo IX.

-          Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas…

Cuantía das axudas: Se concederá el 100% del coste subvencionable, con un máximo de 15.000 euros (para persoas físicas e asociación) e 30,000 euros no resto de casos. El IVA no es subvencionable.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT814A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240126/AnuncioG0691-190124-0005_es.html

No hay comentarios: