martes, 8 de abril de 2008

AXUDAS A EMPRESAS PARA CONTRATACIÓN DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

1º.- AXUDAS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

PRAZO: 2 meses dende a alta na Seguridade Social, sempre antes do 15 de setembro do 2008.

Dentro destas axudas existen 5 PROGRAMAS distintos:

A) Programa de fomento da contratación en prácticas de xóvenes con titulacións de difícil empregabilidade.
¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, que non tivesen anteriormente relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses. Ademais deben de celebrarse con persoas que dispoñan dalgunha das titulacións que aparece na orden, e que se consideran de difícil empleabilidade (establecidas en la orden

Cuantía das axudas: ata 1.000 euros, 4.000 si se realizan con mulleres.

B) Programa de fomento da contratación de xóvenes para a substitución de traballadores e traballadoras que finalicen a vida laboral.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten baixo a modalidade de: relevo ou sustitución por anticipación da idade de xubilación, a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Estos contratos deben concertarse cunha duración non inferior a doce meses, e a xornada completa ou parcial no caso do contrato de relevo e a xornada completa para a segunda modalidade de contrato.

Cuantía das axudas:
- Os contratos temporais de duración non inferior ós 12 meses: 50% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 1 anualidade, ata un máximo de 1.500 euros ou 2.500 si é muller.
- Os contratos indefinidos: 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 7.500 euros ou 12.000 si é muller.

C) Programa de creación de novos empregos para xóvenes titulados/as en empresas de menos de 30 traballadores.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, para desempeñar novos postos de traballo creados na empresa. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses.

Cuantía das axudas: ata 1.250 euros, 3.000 si se realizan con mulleres.

D) Programa de fomento da contratación indefinida inicial de xóvenes desempregados/as.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen contratacións indefinidas iniciais a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Será subvencionable o período de prueba.

Cuantía das axudas:
- 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 5.000 ou 7.500 euros no caso de mulleres.
- Para o período de prueba: coste salarial total de dous meses, máximo 3.000 euros.
E) Programa de incentivos á transformación en indefinidos de contratos temporais celebrados con xóvenes.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen transformacións en indefinidos de contratos de: formación, en prácticas, de relevo, de sustitución por anticipación da idade de xubilación, de interinidade......., a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos.

Cuantía das axudas:
- As transformacións en indefinidos de contratos formativos: ata 3.750 euros, ou 6.000 euros no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de interinidade: ata 3.750 euros, ou 6.000 no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de relevo e sustitución por anticipación da idade de xubilación: ata 4.750 euros, ou 7.500 no caso de mulleres.

No hay comentarios: