martes, 8 de abril de 2008

AXUDAS CONTRATACIÓN DESEMPREGADOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

¿QUEN PODE SOLICITAR? Empresas de todo tipo, independentemente da forma xurídica que contraten, a xornada completa ou a tempo parcial, traballadores desempregados e inscritos no Servicio Público de Emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

- Perceptores da RISGA.
- Ex -drogodependientes que participasen ou participen en programas de rehabilitación.
- Ex – reclusos que non tiveran un emprego fixo e remunerado despois de sair do cárcere.
- Mulleres procedentes de casas de acollida.
- Mulleres que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica.
- Menores internos/as
- Xóvenes que estiveran, ata a súa maioria de idade, baixo a tutela da Administración autonómica
- Inmigrantes residentes na comunidade e con problemas de integración social.
- Emigrantes retornados/-as con graves necesidades personais e familiares.

¿QUE SE SUBVENCIONA?
- Contratacións indefinidas iniciais.
- Transformación en indefinidos de contratos temporais de duración determinada.
- Contratos temporais, sempre e cando a duración mínima sexa 6 meses.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Contratacións indefinidas iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos:
30% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza a persoa contratada, calculada sobre 3 anualidades, ata un máximo de 12.000 euros.
- Contratacións temporais, depende da duración do contrato, e oscilan entre os 2.500 e os 5.500 euros aproximadamente

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, e sempre antes do 15 de setembro do 2008

No hay comentarios: