miércoles, 16 de abril de 2008

SUBVENCIÓN EQUIPAMENTO INDUSTRIAL

A Consellería de Industria e Innovación convocou unhas axudas para a adquisición e renovación de equipamento industrial, para pequenas e medianas empresas de Galicia, xa sexan personas físicas e xurídicas, que acrediten unha antigüedade de dous anos, e que estén inscritos nalgún dos epígrafes que se especifican na orde como subvencionables.
Subvencionase a inversión en adquisición de novo equipamento industrial ou a renovación do existente, sempre e cando, dito equipamento sexa de primeiro uso. O importe mínimo da inversión son 12.000 euros, e en ningún caso, se admitirán inversións en máquinas individuais que teñan un coste inferior a 2.000 euros. O gasto subvencionable deberá ser realizado e efectivamente pagado despois de presentar a solicitude e antes do 17 de novembro do 2008.

A axuda poderá alcanzar ata o 45% da inversión subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas e o 35% nas medianas. A contribución do beneficiario a financiación da inversión debe de ser como mínimo do 25%.

O prazo de solicitude remata o 14 de maio do 2008.

No hay comentarios: