Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE". Terá lugar o vindeiro martes, 27 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas para conseguir os seguintes obxectivos: coñecer as técnicas de aforro familiar para o control dos gastos mensuais, sensibilizar e coñecer técnicas sobre o aforro enerxético e identificar as necesidades e prioridades de compra.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o luns 26 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario